Comisados nun mes máis de 1.300 kilos de peixe e marisco

12-12-2007

Comisados nun mes máis de 1.300 kilos de peixe e marisco

Este é o resultado das actuacións de control e inspección pesqueira habituais realizados polos axentes de Pesca entre o día 12 de novembro e o 10 de decembro.

XORNAL I Santiago.- O Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, como resultado das actuacións de control e inspección pesqueiras que desenvolve de xeito habitual nas rías galegas a través do seu persoal, e en colaboración cos vixilantes das confrarías de pescadores (sufragados pola propia Consellería), comisou no último mes (dende o 12 de novembro ata o 10 de decembro) un total de 1.304 quilogramos de peixe e marisco e incautouse de 1.227 bens e medios.

Da cantidade total de produtos pesqueiros e marisqueiros comisados, un total de 224,5 quilos pertencen a diversas especies como pescada, rape, rapante, raia ou congro, entre outros. Así mesmo, 120,20 quilos corresponden a moluscos cefalópodos, sobre todo polbo, e 242,80 quilos a crustáceos, principalmente centola, nécora e camarón. Non entanto, as especies máis requisadas son as pertencentes aos moluscos bivalvos das que os Gardacostas comisaron un total de 716,5 quilogramos, dos cales a maioría son berberecho, ameixa e vieira.

No que respecta aos bens e medios incautados polos axentes de Pesca destacan: 788 unidades de nasas de polbo, nécora, camarón e centola; 267 pezas de miños; 105 rascos; 12 betas e seis trasmallos, entre outros aparellos e artes de pesca e marisqueo. Así mesmo, requisáronse nove embarcacións, dous equipamentos de mergullo, un vehículo, tres viveiros e unha gaiola.

Entre os operativos máis importantes é de salientar o levado a cabo en Ferrol no que, coa colaboración dos vixilantes do pósito ferrolán, comisáronse un total de 137 quilos de veira. Tamén é reseñable a actuación realizada na Ría de Noia onde se incautaron dúas embarcacións da 3ª lista por estar traballando sen a correspondente autorización, e que tiñan no seu interior un total de 95 quilos de berberecho e 6 de ameixa, que foron devoltos ao mar. Nos últimos días destaca o comiso de 120 quilos de berberecho en Portosín, de 216 quilos de ameixa babosa en Pontevedra ou o realizado polos servizos centrais dos Gardacostas nas instalacións dun hipermercado de maioristas na comarca de Santiago de Compostela, no que se aprehenderon 34,5 quilos de polbo e 72 quilos de pescada de tamaño antirregulamentario. Tamén é destacable a incautación de dúas embarcacións nunha actuación levada a cabo onte mesmo na Ría da Pasaxe (A Coruña).

Fuente:


Acceso clientes








Darse de alta
 

Productos destacados
Ostra Especial
16,59 € / caja 12 piezas

Almeja Babosa Gorda
34,20 € / Kg.

Almeja Japónica Gorda
28,97 € / Kg.

Berberecho Gordo
13,26 € / Kg.

Navaja
30,93 € / Kg.

Zamburiña Especial
10,64 € / Kg.

 
 

PESCADOS Y MARISCOS EN LA RED S.L. - CIF 70.138.151
Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña, Tomo 3.266, Sección General, Folio 195, Hoja C-43.015.